Gran amante do ciclismo, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, achegouse este mércores á clausura da concentración que durante catro días o Vigo-Rías Baixas levou a cabo no Hotel Cemar de Mondariz-Balneario. Despois de recoñecer a traxectoria da entidade e do seu fundador, Jose Luis Chamorro, López remarcou o apoio do executivo da Deputación ao tecido deportivo e ao deporte de base da provincia como unha das liñas estratéxicas da súa acción de goberno.
O mandatario provincial, que se vestiu a camisola do conxunto flúor, dirixiuse aos integrantes do equipo que leva o nome das Rías Baixas polas estradas de todo o país para destacar o traballo da entidade por fomentar os valores do deporte e da práctica deportiva entre a mocidade.
Finalmente, Luis López afirmou que o apoio ao deporte é un dos piares do Goberno da Deputación e recordou que a Deputación destina este ano 9,5 millóns de euros para fomentar o deporte na provincia e ademais presta apoio na organización de eventos de primeiro nivel coma O Gran Camiño, o paso da Vuelta a España pola provincia ou a organización o próximo outono do Europeo de Ciclocrós.
Fonte: Deputación de Pontevedra