IMG 9269

No acto estiveron presentes o alcalde, Jesús Vázquez Almuíña, a concelleira de Deportes, María Jesús Martíns, o presidente do Club Ciclista Rías Baixas, Jose Luis Chamorro, o xerente de Eroski Baiona, Herminio Domínguez, e por suposto, Juani Alonso.

A concelleira de Deportes agradeceu ao xerente de Eroski a súa colaboración coas merendas dos participantes na marcha cicloturista, mentres o alcalde destacou que a proba deportiva, que non ten carácter competitivo, é a suma da colaboración entre institucións, empresas privadas e asociacións deportivas, neste caso o Club Ciclista Rías Baixas, e que este ano resultou todo un éxito, pasando dos 83 participantes da anterior edición aos 131. No que se refire ao supermercado Eroski, o rexedor agradeceu a súa continua colaboración coa ONG Ayuda al Mundo Necesitado.

Pola súa banda, Juani Alonso agradeceu a todos os participantes e á organización en nome de toda a xente que actualmente é beneficiaria do traballo da ONG, esperando que a actividade se repita moitos anos, desexando que en cada edición sexan menos as familias en situación de precariedade.

O presidente do Club Ciclista Rías Baixas insistiu en que «é importante que o deporte sexa sensible tamén con actos deste tipo, benéficos,» asegurando que ogallá outras entidades deportivas con maiores recursos tamén o fixesen.