Entrevista con José Antonio Vilán
José Antonio Vilán é Vicerreitor de Transferencia do Coñocemento da Universidade de Vigo e membro do Club Ciclista Rías Baixas. Profesor titular de enxeñería mecaníca vén de dirixir o lanzamento ao espazo do satélite Humsat-D. A ciencia e o ciclismo son as súas dúas grandes paixóns, por iso síntese orgulloso das posibilidades que ofrece o Convenio Marco de Colaboración que comparte a Universidade de Vigo e esta entidade deportiva.
“A universidade e o ciclismo poden colaborar en moitas áreas”
-¿Como valora o Convenio Marco asinado entre a Universidade de Vigo e o Club Ciclista Rías Baixas?
É tremendamente interesante. Ofrece a posibilidade de abordar algún proxecto de colaboración conxunta no eido tecnolóxico, a realización de prácticas académicas externas no clube e moitos outros traballos que se poden facer coordinadamente. Non é moi habitual con entidades deportivas, pero si con empresas privadas e outras institucións públicas como a Administración. Con clubs temos moi pouquiños, non é moi común.