Deporte y salud

Nueva sección

 

Baiona TV en la presentación 2014

O Club Ciclista Rías Baixas presentou o seu proxecto para o curso 2014 ante máis de 400 convidados

   

Ante máis de 400 convidados, o Club Ciclista Rías Baixas realizou a súa posta en escena para o curso 2014 no Parador de Baiona. A entidade do Val Miñor, presidida por José Luis Chamorro, presentou todo o seu abano de categorías, que van dende as escolas ata os cicloturistas e masters, co equipo Élite e Sub 23 como eixe principal dun renovado proxecto que cumpre máis de 20 anos dende a súa fundación.

Fuente: http://www.baionatv.com/apps/blog/show/42104509-o-club-ciclista-r%C3%ADas-baixas-presentou-o-seu-proxecto-para-o-curso-2014-ante-m%C3%A1is-de-400-convidados

 

Para afrontar a súa segunda tempada no campo afeccionado, que xa iniciou con notables resultados tanto no calendario español coma no portugués, o conxunto miñorano reforzou toda a estrutura que dirixe Ramón Troncoso. A ela incorporáronse unha decena de corredores, a maioría novos talentos do ciclismo galego, xunto ao abulense Rubén García con pasado no pelotón profesional. Ademais, continúan os referentes da pasada campaña como son o tudense Gustavo Rodríguez e o salmantino Héctor Dueñas. No cadro técnico, a principal novidade é a presenza do exciclista Marcos Montañés, que exercerá de preparador do equipo Élite e Sub 23.

 

As seccións de mountain bike, cyclo-cross, escolas, féminas, masters e cicloturistas tamén saíron ao escenario do Parador de Baiona, nun acto no que se homenaxeou a varios dos membros máis destacados do club pola súa traxectoria. Jaime Juncal, recente gañador do campionato galego de cyclo-cross; Aida Valiño, vixente campioa autonómica de contra o reloxo; Gustavo Rodríguez, que completou o Ironman de Florida; e Ramón Troncoso, director deportivo, recibiron unha mención especial. O Club Ciclista Rías Baixas tamén quixo recoñecer o apoio que recibe de Terio Carrera, presentador da TVG, e de todos os patrocinadores que apoian esta iniciativa.

 

A gala contou coa asistencia dos alcaldes de Baiona, Gondomar e Nigrán; do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Manuel Tallón; da directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro; e do Secretario Xeral de Deportes, José Ramón Lete Lasa, que pechou o acto destacando "a perseverencia e ilusión de José Luis Chamorro para realizar unha aposta tan importante polo ciclismo nun momento económico como o que estamos pasando".

Pin It

banner-pinganillos

Twitter

Patrocinadores

  • image
  • image
  • image
  • image
  • image
  • image
  • image
  • image
  • Campos&rial
  • image
  • Agua Sana
  • Integra2
  • image
  • Concello de Vigo
  • image
  • Digoin
  • image
  • Michelin
  • Aguas de Mondariz
Previous Next