REPUESTOScoches24.es

Deporte y salud

Nueva sección

 

Reportaje en Atlántico Diario sobre Modesto Pérez

modes

 

Modesto Pérez leva toda unha vida entre bicicletas, trocos, rodas e freos. "Con 14 anos xa estaba na tenda de Deportes González traballando de mecánico e ós 21 entrei no meu primeiro equipo, o Festina, no que era director Manuel Carrera, de aquí do Porriño". A partir de aí, viviu unha multitude de aventuras, moitas anécdotas e tamén algún desgusto dentro de equipos do máximo nivel e tamén doutros con menos categoría ou de canteira.

"Na primeira etapa estiven dous anos so. Despois pasou un tempo ata que naceu Phonak e Álvaro Pino chamoume. Foi como volvín", relata o porriñés e engade que "os auxiliares non pasamos moito polo avión porque somos os encargados de mover os coches e os autobuses dun lugar a outro. Fixemos ata 75.000 quilómetros nun ano".
E así chegan as historias e as anécdotas. Modesto Pérez pasou polo Tour de Francia en equipos que loitaban por gañar e tamén en clásicas como a París-Roubaix. "A gran diferencia entre as carreiras é a atención que teñen e a xente que as segue. Algunhas son impresionantes polo público que moven", relata. E tamén, dentro do equipo, a tensión é máxima como cando Sean Kelly pediulle unha corona de 16 dentes e pegar ben os tubulares antes da Milán-Sanremo. "Pola noite chamoume e fíxome abrir o camión para comprobar como estaban os tubulares. O día seguinte gañou. Cando os ciclistas queren gañar, notas a súa tensión, é algo espectacular".
Aínda que os mecánicos poden ter certos segundos de fama por saír na televisión cando aparece unha picada, "realmente o traballo duro está na preparación. Despois, iso é arranxar un problema puntual". Como exemplo está a concentración que Vigo Rías Baixas comezou onte en Pontevedra porque "acabo de chegar e agora temos que descargar todo o material e preparalo para os ciclistas e é cando empezan a pedir cousas". Peticións que son algunhas posibles de atender e outras que non. De feito, é un momento onde se pon a proba a paciencia dun mecánico porque "algúns igual me piden hoxe cambiar algo no manillar no primeiro día e, despois, esquéceste del ata o final de tempada. Despois está o clásico que pide unha cousa cada semana. Normalmente, os que non teñen resultados son os máis problemáticos, os que teñen vitorias andan con calquera cousa".
Un dos ciclistas que destacaba neste aspecto era Landis, que disputou unha contrarreloxo do Tour "cun manillar que se movía. E fíxoo ben". Como membro dun colectivo que loita por vitorias, Modesto Pérez emocionase coas vitorias e padece nas derrotas, pero recoñece que "aqueles cos que tes máis contacto ou maior relación, pois eses chegan máis fondo". E, neste capítulo, relata as súas experiencias co mosense Óscar Pereiro porque "estiven con el dende xuvenís e cando gañou con Phonak en Pau foi algo impresionante. Saben mellor". Precisamente, no Tour do 2006, Modesto Pérez seguía en Phonak e o ciclista de Mos xa estaba en Cai-sse D'Epargne. "O día que Landis, do meu conxunto, pillou unha 'pájara' tremenda púxose líder Óscar. Coincidimos no hotel e eu non sabía que facer porque claro, era o opoñente. Cando o atopei alí, tiroume o corazón e tiven que abrazalo", conta Modesto Pérez. Despois, Landis recuperou o liderado, gañou o Tour e deu positivo. "Para nós rematou mal porque tiñamos tres anos asinados co seguinte equipo e quedou todo en nada. Fichei en Astana e outros compañeiros quedaron na rúa. O ano seguinte volveu a dar Vinokourov e xa foi cando decidín deixalo e volver a casa".
O mecánico do Porriño relata que "un caso así é unha decepción. Sobre todo porque tes unha relación con el e ti preguntas e todos din "eu non fixen nada, non fixen nada". O que máis doe e comprobar que un amigo así pode mentir. Todos din que eles non fixeron nada".
Deste xeito, Modesto Pérez chega ó Rías Baixas porque quere axudar a facer un equipo profesional e pola boa relación "con Chamorro, que é o meu amigo. Temos un bo equipo, con rapaces novos, e quero axudar".

Fuente: Atlántico Diario

 

Catálogo

Twitter

Patrocinadores

  • image
  • image
  • image
  • Campos&rial
  • image
  • Qualery
  • Michelin
  • image
  • image
  • image
  • Digoin
  • Aguas de Mondariz
  • image
  • Concello de Vigo
  • Integra2
Previous Next