Deporte y salud

Nueva sección

 

El Club Ciclista Rías Baixas entrega la recaudación de la Subida A Groba a una ONG

IMG 9269

 

O Concello de Baiona fixo entrega esta mañá a Juani Alonso, responsable da ONG Ayuda al Mundo Necesitado, do cheque solidario coa recadación obtida coas inscricións da VI Subida Cicloturista A Groba, proba deportiva organizada conxuntamente co Club Socalcos e o Club Ciclista Rías Baixas o pasado 23 de agosto.

Un total de 262 euros cos que comprará fariña, leite, ovos e iogures, os alimentos que máis necesita neste momento a ONG, e que serán adquiridos no Eroski de Baiona, que ofrece un desconto do 5% grazas ao convenio subscrito entre o concello e o supermercado a través do Fondo de Emerxencia Social.

Fuente: http://www.baionatv.com/apps/blog/show/42634869-cheque-solidario-para-a-ong-ayuda-al-mundo-necesitado

No acto estiveron presentes o alcalde, Jesús Vázquez Almuíña, a concelleira de Deportes, María Jesús Martíns, o presidente do Club Ciclista Rías Baixas, Jose Luis Chamorro, o xerente de Eroski Baiona, Herminio Domínguez, e por suposto, Juani Alonso.

A concelleira de Deportes agradeceu ao xerente de Eroski a súa colaboración coas merendas dos participantes na marcha cicloturista, mentres o alcalde destacou que a proba deportiva, que non ten carácter competitivo, é a suma da colaboración entre institucións, empresas privadas e asociacións deportivas, neste caso o Club Ciclista Rías Baixas, e que este ano resultou todo un éxito, pasando dos 83 participantes da anterior edición aos 131. No que se refire ao supermercado Eroski, o rexedor agradeceu a súa continua colaboración coa ONG Ayuda al Mundo Necesitado.

Pola súa banda, Juani Alonso agradeceu a todos os participantes e á organización en nome de toda a xente que actualmente é beneficiaria do traballo da ONG, esperando que a actividade se repita moitos anos, desexando que en cada edición sexan menos as familias en situación de precariedade.

O presidente do Club Ciclista Rías Baixas insistiu en que "é importante que o deporte sexa sensible tamén con actos deste tipo, benéficos," asegurando que ogallá outras entidades deportivas con maiores recursos tamén o fixesen.

 

Pin It

Comunicaciones Tuicom

Twitter

Patrocinadores

  • image
  • Agua Sana
  • image
  • Campos&rial
  • image
  • image
  • Aguas de Mondariz
  • Integra2
  • Concello de Vigo
  • image
  • Michelin
  • image
  • image
  • image
  • image
  • image
  • Digoin
  • image
  • image
Previous Next

Historia del club

En 1991 un grupo de amigos, aficionados a la bici, con mucha energía y sobre todo mucha ilusión deciden organizar La Marcha a Torreciudad, y es ahí donde surge una idea: formar el Club Ciclista Rias Baixas. Con el paso del tiempo los incondicionales continuaron con sus programas de entrenamiento los fines de semana, comidas perceptivas, sus viajes a Torreciudad, Los Lagos, El camino de Santiago, Serra da Estrela, La Covatilla.... Cualquier rincón en el que se pudiese disfrutar del ciclismo y la familia. Fue en 2010 cuando se decide dar una nueva amplitud al club, insuflando savia nueva con la incorpación de nuestras figuras y entrar en competición. No nos podemos olvidar de otro gran proyecto del Club: los más pequeños y futuros corredores: los alumnos de la Escuela de Ciclismo. En la actualidad el Club tiene más de 90 corredores, repartidos entre Escuelas, juveniles, sub23, Máster y Cicloturistas.

Detalles de contacto

Dirección:
Av Castelao 3, 4o B. 36209, Vigo, Pontevedra


Tel No: 986 20 42 13 -   649 55 52 82

Email:  Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.