José Antonio Vilán é Vicerreitor de Transferencia do Coñocemento da Universidade de Vigo e membro do Club Ciclista Rías Baixas. Profesor titular de enxeñería mecaníca vén de dirixir o lanzamento ao espazo do satélite Humsat-D. A ciencia e o ciclismo son as súas dúas grandes paixóns, por iso síntese orgulloso das posibilidades que ofrece o Convenio Marco de Colaboración que comparte a Universidade de Vigo e esta entidade deportiva.

 “A universidade e o ciclismo poden colaborar en moitas áreas”

Vilán

 

 -¿Como valora o Convenio Marco asinado entre a Universidade de Vigo e o Club Ciclista Rías Baixas?

 É tremendamente interesante. Ofrece a posibilidade de abordar algún proxecto de colaboración conxunta no eido tecnolóxico, a realización de prácticas académicas externas no clube e moitos outros traballos que se poden facer coordinadamente. Non é moi habitual con entidades deportivas, pero si con empresas privadas e outras institucións públicas como a Administración. Con clubs temos moi pouquiños, non é moi común.

-¿En que áreas pode colaborar o coñecemento universitario co ciclismo?

 Sen dúbida en moitas. O ciclismo de elite está usando hoxe en día os materiais máis avanzados como é a fibra de carbono, o titanio… Tamén sistemas de comunicación e o ámbito de preparación física dos propios deportistas como é a nutrición. Moitas cousas nas que realmente podemos colaborar a través da investigación como universidade.

-¿Canto peso ten o deporte dentro da Universidad de Vigo?

 É fundamental. De feito, temos unha vicerreitoría que se ocupa do deporte. Non só é importante para o alumnado, tamén para todo o resto do persoal universitario. Hai que decatarse, que temos moita actividade deportiva e instalación nos nosos tres campus universitarios. Ademais, contamos cun equipo de rugby bastante importante, vela, competicións de coches, carreiras de atletismo... Sempre temos moi presente o de 'Mens sana in corpore sano' porque é moi importante estar en condición saudables.

-¿Cal é o modelo a seguir?

 O referente para todo o mundo é Estados Unidos. Alí hai moita relación entre as universidades e o deporte. Só é necesario comprobar o que sucede co baloncesto ou con fútbol americano. En Europa estamos seguindo eses pasos e penso que xa estamos moi avanzados nese eido. Parécenos unha vía adecuada para que o alumnado se sinta cómodo e contento á hora de abordar carreiras bastante duras como temos na nosa universidade. Hai que estar preparados física e mentalmente. 

-¿Con que frecuencia sae a rodar?

 Coa máxima que podo, o que pasa é que o meu cargo impídeme saír tanto como me gustaría. Pola semana é case imposible que teña algunha tarde libre. Na fin de semana procuro saír todo o que podo, se poden ser os dous días mellor.

-¿Que ruta nos recomenda?

Vivo no Val Miñor e as que máis me gustan son as que ofrece esta comarca. Son preciosas. Por exemplo, baixar de Nigrán cara a Baiona, todo o que é Cabo Silleiro ata Oia, seguir ata A Guarda e logo a Tui. Todo ese triángulo é marabilloso. Tamén están as subidas a Tebra, San Antoniño ou o Aloia. Son rutas realmente espectaculares.

-¿E o seu referente neste deporte?

No seu día a Induráin e agora Contador. Supoño que en España non haberá moitas diferencias respecto a esta cuestión. Tódolos ciclistas profesionais parecenme referencias á hora de imitar. Considero que é un dos deportes máis duros que existe. Haberá outros, pero é durísimo á hora das esixencias físicas e mentais que presenta.

 -¿Cal pensa que é a clave para triunfar no mundo da bicicleta?

Require un gran adestramento, moi continuo e constante. Tes que pasar moitas horas enriba da bicicleta e non é como outro tipo de deportes nos que se cadra chega con dúas horas diarias de adestramento. Os ciclistas profesionais que coñezo adícanlle seis horas ao día e só descansan unha vez á semana. É realmente duro. Ten un nivel tan alto na elite, que se queres estar aí tes que facer unha preparación terrible.

-¿Cómo valora a posibilidade de volver formar un equipo profesional con base en Galicia?

Imaxínate, sería a ilusión miña e de moita xente nesta terra. Dende a Universidade imos facer todo o que poidamos para que isto se convirta nunha realidade algún día. Sería como un soño.

Catálogo

REPUESTOScoches24.es

Patrocinadores

  • Qualery
  • image
  • image
  • SSCAR Carbon
  • image
  • Campos&rial
  • image
  • Baiona
  • image
  • image
  • image
  • Aguas de Mondariz
  • Digoin
  • image
  • Michelin
  • Integra2
  • image
Previous Next

Deporte y salud

Nueva sección